A horta dos nenos
Un proxecto de agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.
Data de inicio: outubro de 2022.
Duración: 1 ano.
A formación cubrirá todo o ciclo da agricultura a pequena escala, ó longo das 4 estacións do ano.
Prantéxanse xornadas semanais de unha duración de 1h e 30 minutos con cada grupo con horarios que se adaptarán as características do grupo e ó momento do ano.
Mediante un programa formativo completo para todo o ano os nenos traballan experimentando os ciclos que se desenvolven na horta a través da metodoloxía de cultivo biointensivo.
Ó longo de todo o ano traballaremos nos 8 principios do método biointensivo (preparación profunda do solo, uso de composta, cultivos de carbono, asociación e rotación de cultivos, sementeira cercana, cultivos de calorías, uso de sementes de polinización aberta e integralidade). aproveitando os diferentes ciclos de cada cultivo.
Colaboran: