


PROGRAMA
A HORTA DOS NENOS
Formación cuntínua en agricultura biolóxica intensiva para a infancia.
-
Comeza: 5 de xullo
-
Matrícula 50 €
-
40 € mensuais
-
Portas (Pontevedra)
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Leira cedida polo Concello de Portas, situada á beira da antiga estación de ferrocarril.
Horarios:
Os martes de 10 a 11:30 da mañá.
Xullo 2022 (6 horas):
O solo, a súa preparación. Organización do espazo da horta. Semilleiros para cultivos de outono - inverno.
Agosto 2022 (6 horas):
O solo, entendemos o que precisa. Coñecemos e eleximos cultivos. Semilleiros para cultivos de outono - inverno.
Setembro 2022 (6 horas):
Organizamos as sementeiras. Trasplante de cultivos. Melloramos a contorna - aromáticas e flores.
Outubro 2022 (6 horas):
Extraemos e gardamos sementes. Trasplante de cultivos - traballamos o asocio de cultivos. Semilleiros de cultivos de outono.
Novembro 2022 (6 horas):
A composta - entendemos a boa nutrición das plantas e construimos a composta. Coidados dos cultivos de outono. Semilleiros de cultivos de inverno.
Decembro 2022 (5 horas):
Trasplante de cultivos de inverno. Semilleiros de cultivos de inverno e primavera.
Xaneiro 2023 (5 horas):
A rotación de cultivos. Semilleiros de primavera. Trasplante de cultivos de inverno.
Febreiro 2023 (6 horas):
Coidados de cultivos de inverno. Colleita de cultivos. Semilleiros cultivos de primavera - verán.
Marzo 2023 (6 horas):
Mellora da contorna da horta: flores e aromáticas. Coidado e colleita dos cultivos. Trasplante de cultivos de primavera.
Abril 2023 (6 horas):
Trasplante de cultivos de primavera. Extracción de sementes de cultivos de inverno. Preparación de terreos para cultivos de primavera - verán.
Maio 2023 (6 horas):
Trasplante de cultivos de primavera. Extracción de sementes de cultivos de inverno. Preparación de terreos para cultivos de primavera - verán.
Xuño 2023 (6 horas):
Colleitas e coidados de cultivos. Feira de sementes.
Docencia levada a cabo pola Cooperativa A Milpa do Salnés por:
-Ofelia Gaitán Palacios
Licenciada en Ecoloxía e Recursos Naturais
-Guillermo Rodríguez Barreiro
Enxeñeiro Agrónomo e Mestre do método Biointensivo
Dirixido a:
• Nenos entre tres e doce anos de idade.
Obxectivos:
- Aprender unha agricultura respectuosa cos ciclos dos cultivos de aproveitamento alimentario.
- Aprender a coidar a terra dun xeito sostible, enriquecéndoa.
- Coñecer os ciclos dos cultivos que se desenvolven durante o ano.
- Sensibilizarse coa necesidade dunha alimentación saudable.
Metodoloxía:
Presencial
Sistema de avaliación:
Para recibir o certificado de aproveitamento é necesario asistir ao 85% das horas lectivas.